Follow @PlasticCrowds
Dislocated Concert
 
fra
eng
esp
BLOG
CRITICA
PROXECTOS PROPIOS
RECOMENDAMOS
O COLECTIVO
ENTRADAS RECENTES

Pública 14

16 de febreiro de 2014

Logo de dous días de charlas, conversacións e algunha que outra copa, chega o momento de botar a vista atrás e poñerlle nota a Pública 14. Dous días para o que se presentaba un calendario cheo de charlas, obradoiros e actividades, tantas que había que elixir cales eran as máis interesantes para cada un. Isto é moi interesante pois non todos os asistentes teñen os mesmos intereses e é unha boa forma de xerar varios percorridos simultáneos.

Saír fortalecidos da crise

15 de febreiro de 2014

Saír fortalecidos da crise. A experiencia do Teatro Real. Ignacio García-Berenguer

A palabra crise tradúcese ao chinés por WEI-JI. Está formada pola unión de dous grafismos que significan perigo e oportunidade. Tomas conciencia do perigo pero recoñeces a oportunidade. 

Liderado cultural

14 de febreiro de 2014

Fronte á crise liderado cultural.

Quizais se trate da sesión máis interesante, ao meu xuízo, de todas as ofrecidas ao longo destes encontros. Cunha formulación de partida extremadamente simple expuxéronse catro principios aplicables, neste caso, á xestión cultural, que sen dúbida poden ser poderosas ferramentas nas mans apropiadas. Son catro cuestión especialmente obvias pero que, para desgraza de moitos, vemos como se esquecen a diario.

Visión, creatividade, tomar risco e alianzas.

Liñas de financiamento

13 de febreiro de 2014

Nos últimos anos fomos testemuñas de como o Estado reducía día a día a súa participación na vida cultural do país. Falar disto non deixa de ser unha obviedade por todos coñecida, mais é interesante situarse neste punto de partida para entender as seguintes liñas de financiamento para as ICC propostas neste foro. 

Fora de lugar

12 de febreiro de 2014

En Pública 14 tivemos a oportunidade de ver como unha serie de conferenciantes demostraban como unha gran parte do sector segue vivindo de costas á realidade ou, non sei si isto é peor, repetindo os mesmos vicios que nos levaron a esta situación.

Aínda que é certo que non se pode realizar unha lectura lineal ou eurocéntrica na que todos teñen que evolucionar á vez ou seguir as mesmas liñas, houbo dous exemplos que claramente describíannos un modelo que parecía aterrar en Europa a principios do ano 2000.

Alternativas ao hexemónico

11 de febreiro de 2014

Madrid está en venda. Non teño claro se é a modo de desquite por quedarse sen Eurovegas ou unha especie de obsesión persoal por converter a cidade nunha caricatura, unha especie de parque temático para o consumo no que a tradición convértese en mera fachada. No fondo non descubriron nada novo, é o de sempre -véxase modelos desarrollistas baseados no turismo- levado ao extremo. Quitáronse a máscara.

Tristán e Isolda

30 de decembro de 2013

Un ano máis Plastic Crowds colaborou coa Orquesta Clásica de Vigo realizando os deseños dos folletos e os carteis do seu concerto extraordinario de Nadal. Este ano estivo dedicado a Wagner con motivo do seu bicentenario, polo que o traballo que realizamos centrouse na idea de todo que se desgrana das súas teorías sobre a "Obra Total". Unha aposta por un deseño sincero e limpo que sexa capaz de sacarlle todo o partido ao branco e negro.

Concerto Dislocado

1 de outubro de 2013

A realización do Concerto Dislocado o pasado 20 de setembro permitiunos extraer unha serie de conclusións froito do facer e o desenvolvemento dos acontecementos. Ben é certo que se trata dun proxecto experimental, polo que o normal nestes casos é que as formulacións iniciais, así como as procuras ou hipóteses poidan verse sometidas a cambios substanciais no seu encontro coa realidade do medio. O experimentado durante a realización deste proxecto non se escapou a estas condicións xerais.

Estamos imprimindo

12 de xuño de 2013

Estamos imprimindo. Volvemos en 5 minutos. (VIDEO)

Entrevista en Valentia Radio

6 de maio de 2013

Plastic Crowds enviou a un dos seus membros fundadores, Manuel Martínez, para ser entrevistado en Valentia  Radio. Compartimos convosco o que alí falamos.

Páxinas

logo
usa as flechas ou a roda do rato