Follow @PlasticCrowds
Dislocated Concert
 
fra
eng
esp
BLOG
CRITICA
PROXECTOS PROPIOS
RECOMENDAMOS
O COLECTIVO
SAIR FORTALECIDOS DA CRISE

15 de febreiro de 2014

Saír fortalecidos da crise. A experiencia do Teatro Real. Ignacio García-Berenguer

A palabra crise tradúcese ao chinés por WEI-JI. Está formada pola unión de dous grafismos que significan perigo e oportunidade. Tomas conciencia do perigo pero recoñeces a oportunidade. 

Hai que crear modelos cunha cementación forte para superar as vindeiras crises. Hai que empregar criterios cada vez máis profesionais. O modelo do Teatro Real baséase nun financiamento provinte de catro aspectos: 30% subvencións públicas, 30% patrocinio, 30% entradas, 10% Marca Teatro Real -que se conforma pola publicidade, o restaurante, os alugueres dos espazos, etc.-. 

A ópera debe ser un elemento esencial no apoio e fomento da cultura. O plan do Teatro Real persegue conseguir un espazo de ópera de referencia baixo criterios de calidade e excelencia na programación artística. Para iso perséguese implicar á sociedade civil, coas xuntas de amigos, os patrocinios, así como aos cidadáns nacionais e os estranxeiros. 

A clave desta actuación recae no fomento do valor da “márca Teatro Real”. Unha idea de eficiencia que garanta a xestión dos recursos para garantir a viabilidade da institución. O obxectivo último non é outro que o de profesionalizar a cultural.
O detonante do cambio de modelo é o cambio nas institucións públicas. No ano 2009 as subvencións públicas do Estado, a Comunidade de Madrid e o Concello descenden do 60% ao 30%, é dicir, de 27.700.000€ a 12.800.000€ en 2014. A isto hai que sumarlle un descenso do gasto e os recursos humanos relativo ao 50%.

Isto non é unha medida intelixente para a cidade pois se pon en perigo a existencia da institución e esta revirte ingresos de forma indirecta na súa área inmediata. Estudouse que 1€ de subvención produce un retorno fiscal de 0.43 e que 1€ subvención xera 3.8€ ao PIB.

Ante esta situación produciuse un apoio da sociedade civil, incrementándose a súa participación no Teatro Real para suplir esta carencia. Mais o problema fundamental de centrarse na intervención do sector privado é que esta se pode esgotar, pois non pode responder á demanda crecente nas organizacións que ata o momento dependían do diñeiro público. Doutra banda o sector público pode competir tamén na persecución polo capital privado, unha competencia que tamén pode facer dano.

O que se buscou con esta reforma da organización do Teatro Real é a autonomía financeira, política e artística, mediante a profesionalización da cultura, algo que tivo un gran apoio da sociedade civil. 

Juan Matabosh

Que sentido ten que exista o Teatro Real.

Para comezar falaremos da defusión, pois existe unha vocación de servizo á comunidade. Se se precisa un teatro para a comunidade é porque queremos converter a ópera nun ben social, liberala do monopolio dunha clase social. 

Apóstase pola integración grazas a unha estratexia de imbricación da ópera no medio cultural. No ámbito social produciuse un profundo cambio na comunidade á que pertence o debate, erixíndose no centro dun debate cultural. A estratexia céntrase en fomentar que a ópera deixe de ser unha afección e pase a ser un hábito nunha persoa culta. En definitiva, perséguese integrar a ópera dentro do campo dos intereses dos afeccionados.

O consumo da ópera é xenuinamente artístico.

Búscase a apertura. Enriquecer a experiencia persoal e a  sensibilidade do público ante a obra, unha sensibilidade ante a estética. Nesta liña é fundamental enriquecer o repertorio do teatro cos compositores da nosa época. Apostar pola dramaturxia contemporánea, pois enténdese que isto pode enriquecer a ópera e producir actitudes máis receptivas. 

Que o espectador volte a descubrir a obra no canto de limitarse a recordala. Descubrir é volver a construir a obra, sentir o que se escoita. Esta idea contrasta co concepto de recordar, pois é meramente pasivo, algo que esta moi lonxe da experiencia artística. Isto vale tanto para o público como para os artistas. Como dixo Tomas Mann, hai que evitar o costume.

O que chama vostede tradición é o seu confort. Un teatro público con conciencia pública debe poñer o costume e a tradición como un activo do teatro, xamais en obxectivo.

A Tradición resúmese na toma de conciencia do propio teatro e da propia cidade. Non se fala en termos de mercado de conservación do público tradicional pois manter as tradicións non implica de certo manter ao público. 

Sensibilidade, pois detrás dun gran teatro hai unha tradición que fixo grande ese teatro. Hai que entendela, analizala e ver que se fai con iso. Non se pode ignorar pero é posible alterar ou variar o código. Hai un código asumido que se pode alterar de forma consciente para xerar así un sentido novo. Isto é o que debe saber o programador. Desmontar e reflexionar.

En definitiva, paga a pena que exista? 

Valorar que exista a ópera é valorar que exista o ser humano. Sentimos á marxe das necesidades materiais. Somos conscientes do que somos e do que sentimos, é o que nos fai compartir experiencias. A arte é a única linguaxe que transmite a complexidade da experiencia, como unha realidade creada xustamente para ser compartida por moitos. Unha sociedade culta é capaz de expresar e compartir. Fonte de pracer e sentimentos propios e compartidos, todo ao servizo da expresión. 

En palabras de Mortier: “Se non construímos máis teatros haberá que construír máis cárceres.”

 

Manuel Martínez
*Co-editor Plastic Crowds

logo
usa as flechas ou a roda do rato