Follow @PlasticCrowds
Dislocated Concert
 
fra
eng
esp
BLOG
CRITICA
PROXECTOS PROPIOS
RECOMENDAMOS
O COLECTIVO
PUBLICA 14

16 de febreiro de 2014

Logo de dous días de charlas, conversacións e algunha que outra copa, chega o momento de botar a vista atrás e poñerlle nota a Pública 14. Dous días para o que se presentaba un calendario cheo de charlas, obradoiros e actividades, tantas que había que elixir cales eran as máis interesantes para cada un. Isto é moi interesante pois non todos os asistentes teñen os mesmos intereses e é unha boa forma de xerar varios percorridos simultáneos.

Contamos con intervencións realmente interesantes como a que nos ofreceu a directiva do Teatro Real, presentando aos asistentes unha completa exposición dos datos económicos desta organización e o seu plan artístico a medio e longo prazo. Tamén se presentaron lecturas moi enriquecedoras sobre a realidade cultural alternativa de Madrid ou ferramentas útiles coas que abordar os proxectos ou institucións a xestionar.

Con todo, lamentamos a presenza de relatores desactualizados que expuxeron casos totalmente inútiles ao noso contexto ou meras lecturas de táboas de datos. Ata se presentaron debates estériles sobre cal debería ser a formación dun xestor cultural, deses que acaban deixando ao asistente máis ou menos no punto onde estaba ao comezo. Todo isto impediu que puidesen arroxar luz aos asistentes resumíndose todo nunha mera lectura da realidade.

Nesta liña, Tríodos Bank ofreceunos unha charla moi amena na que se falou de valores e da necesidade das lecturas que ofrece o humanismo sobre o mundo para non seguir camiñando cara ao precipicio. Un discurso moi emotivo que sen dúbida serviu para que máis dun suscitásese abrir unha conta no banco pero que, para desgraza dos asistentes, pouco aportou sobre como financia esta entidade os proxectos culturais ou cal é o seu plan a curto, medio e longo prazo nesta materia.

Como sempre, as cousas boas xorden nos corredores e nos bares. Como todo o interesante atópase nos intersticios e unha conversación coa persoa adecuada pode aportar máis luz que todas as charlas do encontro xuntas.

O que se comenta é certo, se alguén asiste únicamente polas conferencias pódese levar unha decepción dado que non valen os 250€ (sen descontos)da inscrición. O que vale isto é a lista composta por doce páxinas onde figuran todos os asistentes ao evento que, si son empregadas sabiamente poden xerar grandes redes de contactos e fomentar futuros proxectos. Este é o forte deste encontro. Xa nun plano máis modesto tamén hai que destacar a capacidade destes encontros para poñer en sintonía persoas coas mesmas inquedanzas.

Para futuras edicións sería interesante elevar o nivel das charlas, que si se fai o esforzo de traer a alguén sirva para aportar diferentes puntos de vista que aporten perspectiva á realidade. 

 

Manuel Martínez
*Co-editor Plastic Crowds

logo
usa as flechas ou a roda do rato