Follow @PlasticCrowds
Dislocated Concert
 
fra
eng
esp
BLOG
CRITICA
PROXECTOS PROPIOS
RECOMENDAMOS
O COLECTIVO
ALTERNATIVAS AO HEXEMONICO

11 de febreiro de 2014

Madrid está en venda. Non teño claro se é a modo de desquite por quedarse sen Eurovegas ou unha especie de obsesión persoal por converter a cidade nunha caricatura, unha especie de parque temático para o consumo no que a tradición convértese en mera fachada. No fondo non descubriron nada novo, é o de sempre -véxase modelos desarrollistas baseados no turismo- levado ao extremo. Quitáronse a máscara.

Os datos expostos corroboran estas carencias, nos que se pechan teatros, póñense prezo aos espazos públicos e os datos do turismo na cidade de Madrid están sendo negativos pese ao aumento no conxunto do Estado. Quizais podería facerse unha lectura crítica disto.

Estamos nun momento no que o Estado é abertamente hostil cara ao mundo da cultura e a situación económica non axuda. Parece que o único que pode realizarse é o mainstream pois o resto é ruinoso e ningunha empresa apostaría por iso. Con todo, dicía Nietzche que o trascendental xorde, a pesares de, e isto é o que está ocorrendo a pequena escala nas cidades. Desde a base comezan a xurdir respostas de iniciativa popular para dar saída ás necesidades do momento.

Son ideas sen intermediarios as que se proxectan directamente sobre o terreo de acción, partindo da base e construíndo sólidas estructuras de lexitimidade ante a poboación. Dá igual que se chame Tetuán, Mercado de la Cebada, ou Tabacalera. Estes exemplos non só se póden atopar si se remexe en Madrid, senón tamén ao longo de todo o Estado español, moitas veces onde menos se espera. Son respostas ás carencias da poboación. 

Exemplos dos efectos positivos destes centros na sociedade foron expostos nestas xornadas grazas ao caso do Museo Universitario do Chopo, en México, que serviu como elemento catalizador para transformar un barrio ou facer visible ás experiencias que estaban xurdindo nos barrios. Son unha vía de escape social.

O problema que se pode xerar con estas iniciativas é unha lectura aproveitada da administración, non por apropiarse da autoría dos proxectos anónimos nun afán por colgarse medallas ou encher espazos baleiros, si non que desatenda os seus deberes estipulados nas súas competencias. Isto unca debe ser visto como un substitutivo senón como un complemento ou unha alternativa ás lecturas hexemónicas.

Este tipo de traballo social de base é fundamental para ofertar á sociedade unha válvula de escape que asegure a paz social. Non falo de evitar a ruptura ou a irrución popular cara ao cambio como ocorreu en Burgos fai unhas semanas pois isto é síntoma de saúde. Falo de evitar a creación de guetos ou de colectivos que se sintan excluídos, pois isto só xera violencia, como ocorreu en París en 2005. E é que, como dixo Mortier, “Se non construímos máis teatros haberá que construír máis cárceres.” 

 

Manuel Martínez
*Co-editor Plastic Crowds

logo
usa as flechas ou a roda do rato