Follow @PlasticCrowds
Dislocated Concert
 
fra
eng
esp
BLOG
CRITICA
PROXECTOS PROPIOS
RECOMENDAMOS
O COLECTIVO
FORA DE LUGAR

12 de febreiro de 2014

En Pública 14 tivemos a oportunidade de ver como unha serie de conferenciantes demostraban como unha gran parte do sector segue vivindo de costas á realidade ou, non sei si isto é peor, repetindo os mesmos vicios que nos levaron a esta situación.

Aínda que é certo que non se pode realizar unha lectura lineal ou eurocéntrica na que todos teñen que evolucionar á vez ou seguir as mesmas liñas, houbo dous exemplos que claramente describíannos un modelo que parecía aterrar en Europa a principios do ano 2000.

Reinventar o museo resultou ser unha lección de como regresar ao futuro, como aplicar os conceptos que se levan realizando na museografía contemporánea saltándose os grandes avances como a diferenciación entre o pasado e o vixente. É certo, este caso ilustraba a realidade chilena, algo que descoñezo polo que non podo entrar a xulgar en profundidade, pero si podo criticala cando se presenta nun foro dentro territorio europeo como exemplo a seguir por estar totalmente fóra de lugar e ser anacrónico.

Con todo, o exemplo máis sangrante foi ofrecido por David Mareček coa súa conferencia “Dinamizar unha institución anquilosada: A Filarmónica Checa”. Nela o director desta filarmonía expoñíanos os cambios levados a cabo nesta orquestra nos últimos anos. Non vou criticar a calidade musical pois entendo que si o seu director artístico é Jiří Bělohlávek non pode ser malo. O que vou poñer en cuestión é a idea que se desprende do epígrafo da conferencia, é dicir, rehabilitar algo anquilosado. 

A solución que aquí se nos propón é, en esencia repetir o mesmo modelo que teñen as orquestas profesionais europeas estendido desde os anos 1990 e 2000 pero con máis cartos. 

Un dos seus puntos fortes é a creación dun selo discográfico para 2015, unha industria que, como todos sabemos, presenta un futuro prometedor. Tamén se propoñen elementos de control sumados a unha subida salarial do 60% parella a unha carga de traballo cuadriplicada. En términos relativos subíronlles o soldo pero en términos absolutos vemos que non só lles baixaron o soldo senón que as súas condicións laborais son peores. O seu director dinos que están moi contentos, que ata gravan en domingo sen protestar. Creo que a súa versión é un tanto sesgada.

En definitiva, claramente non se decatou moi ben de que vai a cousa e cales son os problemas reais que atravesa o sector. A única solución proposta é un parche para manter un modelo doutra época. En ningún momento preocúpase por facer estruturas máis participativas ou que os cidadáns defendan un servizo público como unha parte deles. A solución é un cheque en branco e a seguir nesa fuxida cara adiante. Recordade, a solución a todos os problemas é un cheque en branco e non revisar as estruturas, vívese moito máis feliz. 

 

Manuel Martínez
*Co-editor Plastic Crowds

logo
usa as flechas ou a roda do rato