Follow @PlasticCrowds
Dislocated Concert
 
fra
eng
esp
BLOG
CRITICA
PROXECTOS PROPIOS
RECOMENDAMOS
O COLECTIVO
LIDERADO CULTURAL

14 de febreiro de 2014

Fronte á crise liderado cultural.

Quizais se trate da sesión máis interesante, ao meu xuízo, de todas as ofrecidas ao longo destes encontros. Cunha formulación de partida extremadamente simple expuxéronse catro principios aplicables, neste caso, á xestión cultural, que sen dúbida poden ser poderosas ferramentas nas mans apropiadas. Son catro cuestión especialmente obvias pero que, para desgraza de moitos, vemos como se esquecen a diario.

Visión, creatividade, tomar risco e alianzas.

Quen me coñeza saberá que non son amigo das receitas máxicas de catro puntos pois a barreira que separa ao telepredicador ou o que vai unha lección por diante do alumno e o que realmente sabe do que fala é realmente defusa. Con todo, esta conferencia foi interesante pois conseguía en moi pouco tempo aportar unha idea ben exposta e corroborala con exemplos prácticos. Cuestións aplicadas á práctica que non poden ser tomadas como paradigmas pero si poden ofrecer ideas ou liñas a ter en conta para futuros casos prácticos.

Exemplos de 4 elementos de liderado e o ámbito cultural.

1. VISIÓN. Hai moita teoría, moitos esquemas de visión e estratexia. Hai que elixir e pódese ler moito pero na práctica é isto: Museo do vidro en Holanda. Edificio era unha casa. 4 empregados e un voluntario.

DARLLE A VOLTA. “Non vou dicir que temos todo e vouche a dicir que é o que hai que ver. Vou dicirlle a todos os que saben algo sobre vidro en Holanda que veña, únese a todos e pénsase que se pode facer”. En 10 anos conseguiu darlle a volta pois se buscou cómo traballar no espazo con artistas novos, artesanos maiores, diseñadores de moda, etc. Conseguiron que toda a colección fose visible e convertésese nun centro do vidro con fama internacional. Doutra banda anovaron os programas educativos. Con menos diñeiro público tiveron 20 empregados 150 voluntarios e 90.000 visitantes. É dicir, unha visión distinta.

2. CREATIVIDADE. “É o ámbito dos artistas”. É certo, os artistas son creativos, pero a creatividade está en pensar de forma intelixente a onde queres ir.

ARTEZ ACADEMY. Esta institución educativa abriu unha tenda, “Coming soon Shop”. Nela véndese o que producen os estudantes. Hai un longo camiño entre pensar unha idea e a venda. Os estudantes teñen que traballar na tenda, compartir cos compañeiros e ver a reacción do público ante as súas obras. Á poboación interesoulle a iniciativa e a cidade pasou a ser unha das cidades do deseño holandés.

3. TOMAR RISCO. En cultura fálase de risco moitas veces, isto é ter unha idea e esperar que á xente e vai gustar. 

SPHINXPARK OPEN. No centro da cidade de Mastrich eliminouse unha fábrica e ese terreo estaba baleiro. O que fixeron foi ocupalo sen permiso. Non se anunciou nada, organizáronse en silencio e fixeron un parque público. A resposta foi enorme porque todos os cidadáns interesáronse polo espazo. Os apicultores puxeron colmeas, outros puxeron hortas, outros flores, etc. No centro dispúxose unha estrutura de madeira a modo de centro cívico e organizáronse actividades como yoga, clases, concertos, etc. Os cidadáns lograron que se convertese no parque máis vivo da cidade. Había tanta xente involucrada que o concello non reaccionou ata catro meses despois, que o pechou. É a idea de ir por diante e producir as propias experiencias cando se ve o momento oportuno.

4. ALIANZAS. Este é o caso da web KICKSTARTER. Dela saíron 132 proxectos con orixe en España. Trátase dunha alianza baseada no Crowdfounding. A metade destes proxectos tiveron éxito. https://www.kickstarter.com/

Estas ideas plasmadas están presentes en todos as organizacións. O museo Rijks tamén funciona así. Podemos pensar que o público vai facer cola cando se abren as portas, pero a xente que está crecendo vive nun mundo diferente, por iso é fundamental xerar novas estruturas para chegar aos públicos. 
Nestes tempos é fundamental probar vías diferentes e explorar opcións no canto de loitar como se facía ata agora -Pois son estruturas de fai dez anos-. Hoxe en día dinos que hai que facer o mesmo con menos diñeiro, mais o esencial é xuntar á xente e buscar experiencia positivas para buscar ideas, visión e valor. Poñer o diñeiro na xeración seguinte cando é necesario para poder xerar o cambio.

En definitiva, buscar a inspiración nas canles adecuadas e estar aberto ao cambio.

 

Manuel Martínez
*Co-editor Plastic Crowds

logo
usa as flechas ou a roda do rato